Dúas Iniciativas

Queremos hoxe presentar dúas iniciativas de dúas asociacións, das que xa temos falado no blog, que teñen por obxecto a conservación e divulgación do Noso Patrimonio.

O Sorriso de Daniel, é unha asociación interesada polo Románico Galego, preocupado pola Divulgación e Conservación do mesmo. Organizan distintos eventos como visitas guiadas por expertos a elementos do Patrimonio Románico Galego, ou iniciativas máis complexas como a que fixeron para chamar a atención sobre o Románico ulloán, da que xa falamos no noso espazo en Lecer. Este domingo fixeron unha xeira ate o Pazo Arcebispal de Diomondi, riquísimo elemento do noso Patrimonio e nun estado de conservación lamentábel.

Diomondi serviu de escenario para a redacción dunha carta que veñen de enviarlle ao Parlamento de Galiza, reivindicando unha maior atención para os numerosos edificios románicos en vías de extinción.

Foto: Terraetempo

A outra asociación é a Plataforma pola Defensa da Serra do Galiñeiro. Asociación de carácter urxente, ante a aprobación dun anteproxecto para a construción dun parque eólico, nesta rica serra.

O carácter desta asociación é máis xeral, como xa apuntamos, xa que lle interesa tanto o Patrimonio Arqueolóxico coma Natural, Paisaxístico, Biolóxico ou Etnográfico vinculado a esta serra.

A Plataforma convoca unha andaina para o domingo 20 de Febreiro, coa intención de divulgar o seu Patrimonio e chamar a atención dos medios. Unha boa oportunidade para coñecer os valores desta Serra. Neste vencello a Capítulo Cero, infórmanvos dos detalles  

Unha vez máis, ante o pasotismo da Xunta polo noso Patrimonio, a sociedade móvese.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: