No scribd superior, subimos un documento de carácter divulgativo sobre os valores patrimoniais do Monte Galiñeiro, nomeadamente da fortaleza tardorromana do seu cumio.
O motivo da redacción deste documento é concienciar sobre o negativo da estación de “muíños eólicos” proxectada para esta serra, tema do que xa temos comentado no blog. O motivo de penduralo no blog é para que calquera o poida ler, imprimir, reenviar, ou o que queira. Extender a arañeira.
A campaña de divulgación e mobilización está en marcha. Onte, domingo 20 de febreiro, a Plataforma pola Protección da Serra do Galiñeiro, tiña organizada unha andaina popular. Unha das ideas, entre outras, era a de repartir unhas copias dete documento.
Dun xeito bastente optimista fixéronse unhas trescentas copias. Nin para empezar. Unha auténtica maré humana amosou o importante que é esta serra para a xente da contorna de Vigo e en xeral de toda Galicia. Unhas 1.500 persoas fixeron ficar pequena calquera expectativa de participación.
Todo un éxito. E unha toma de folgos e esperanza, pois con tanta xente mobilizada, semella complicado que unha administración non reflexione sobre o que pode ser prioritario.
Desgrazadamente, non houbo moito seguimento de medios. Aquí ligamos algunhas das reaccións.
Dende o web da Plataforma pola Protección da Serra do Galiñeiro
22 Marzo 2011 at 11:10 am
A sa inconfundbel silueta afiada fai desta unha montaa singular que anima a moita xente a se iniciaren no montaismo. Pero que ademais disto no Galieiro pdense atopar unha chea de lugares ben curiosos que non deixaremos de visitar dende o impresionante conxunto de petrglifos de Auga da Laxe at os restos da muralla do antigo castelo no alto da montaa e sen esquecer a misteriosa Cova da Becha onde disque viva a monstruosa becha ou coca do Galieiro………Sairemos sobre as 9 30 do Guindastre para chegar sobre as 10 ao cruzamento da estrada de Vigo a Valadares coa do Porrio a Gondomar no lugar da Pasaxe en Vincios na sada do Polgono Industrial de Zamns .